Altenativa reclama á Deputación o derribo de vivendas ruinosas

O grupo municipal volve a reclamar á Deputación unha actuación urxente en inmobles en estado ruinoso na DP-1704, que é unha das estradas principais de acceso á vila, así como de conexión con diferentes parroquias e coa autovía A6.

O estado ruinoso das vivendas provoca un claro risco de seguridade pública polo avanzado deterioro estructural.

Os tres inmobles situados na Rúa Cura Pereiro nº 14, Rúa Outeiro nº 17 e Rúa Outeiro nº 19 crean un estreitamento na calzada que produce dificultades para a seguridade tanto no tránsito de vehículos, como na circulación de peóns que empregan a diario a vía.

O grupo insiste no asunto posto que non se executou ningunha intervención a pesar de que durante o seu mandato xa se tiñan levado a cabo as xestións oportunas, achegando a documentación pertinente. Ademáis de existir un compromiso por parte da Deputada Provincial de Vías e Obras, despois de varias reunións celebradas dende o 2021 con Javier Gestal na súa etapa de goberno.

Comparte esta nova!