[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alicia Ferreiro volverá liderar a candidatura de Alternativa dos Veciños en Culleredo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alicia Ferreiro Varela foi presentada por Ángel García Seoane, presidente de Alternativa dos Veciños, como cabeza de lista no concello de Culleredo. Ferreiro, que é a actual voceira municipal de Alternativa, estivo acompañada por varias das persoas que xunto a ela conformarán a lista.
Alternativa dos Veciños pretende incrementar a súa representación en Culleredo para poñerlle fin ás nefastas políticas de dubidoso sustento legal que practica o Goberno municipal e que causan un gran dano ás arcas públicas. Recentemente, a propia Alicia Ferreiro presentou ante a Fiscalía a documentación que acredita que o Concello está a pagar máis de 3.000 euros ao mes a unha empresa por cada un dos 7 conserxes que se atopan nas instalacións deportivas municipais. Ademais, Alternativa dos Veciños tamén denunciou que se está a contratar o servizo de limpeza viaria de maneira verbal, sen ningún tipo de concurso público nin de contrato. Os contratos están a facerse a dedo, obviando a lexislación.
Outro dos asuntos que precisan ser resoltos para que Culleredo poida medrar con orde e con novas zonas públicas e equipamentos é o Plan Xeral. “Despois das alegacións presentadas polos veciños fixeron cambios substanciais, pero o alcalde négase a expoñer publicamente o documento. Levamos 4 anos denunciando isto, pero prefiren ter todo tapado. Habería que preguntarlles por que…”, comentou Alicia Ferreiro.
“Presentámonos a estas eleccións con moitísima ilusión e convencidos de que os cidadáns van valorar o traballo rigoroso de control do Goberno que fixemos nesta lexislatura. En Alternativa hai experiencia e capacidade para gobernar, se así o deciden os veciños. En calquera caso, temos moi claro que non imos permitir actuacións caciquís nin clientelistas en Culleredo”, comentou Alicia.
“Levamos catro anos de intenso traballo en Culleredo. Mentres outros calan, nós estamos a fiscalizar o traballo dun Goberno que está a cometer erros moi graves, que poden chegar a ser constitutivos de delito, e que ademais supoñen un dispendio de fondos públicos intolerable”, comentou Ángel García Seoane.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]