[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños denuncia que un 30% de domicilios de Oleiros seguen sen servizo de banda ancha
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, vai solicitar reunirse coa Xunta de Galicia e co delegado do Goberno para denunciar a situación na que se atopan centos de veciños de Oleiros que a día de hoxe seguen sen dispoñer de servizo de fibra óptica para conectarse a internet. O Estado subvencionou a R e a Telefónica a dotación de banda ancha por todo o municipio, pero eses proxectos que tiñan prazo de finalización en 2019 e 2020 seguen sen estar rematados.
Distintas rúas de zonas como Lorbé, Mera, Maianca, Broño, Cabreira, Breixo, Lourido, O Bosque, Rabuñeiro, Xubín ou A Veiga, entre outras, non dispoñen de fibra. “Resulta que o Ministerio sacou unhas subvencións para financiar ás compañías a instalación de fibra óptica por todo o municipio. Neste momento, hai un 30% de domicilios en Oleiros que seguen sen banda ancha e supostamente non a van ter a curto prazo porque estas empresas se negan. Hai casos sanguentos de rúas nas que teñen fibra dunha man pero non da outra. Din que non hai negocio suficiente e non o fan. É un escándalo!”, dixo o alcalde.
“Xa o fixeramos, pero imos volver reunirnos coa Xunta de Galicia e co delegado do Goberno para que nos digan que é o que se lles pagou a estas empresas e por que non acabaron o traballo. Ademais, estamos pensando en idear algo para facer un espectáculo e denunciar esta situación e a este tipo de empresas que mangonean os ministerios e fan o que lles dá a gana no territorio español”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]