Aldea de Arriba reclama melloras para os seus viarios
Alternativa demanda melloras para as carreteiras que circulan por Aldea de Arriba en Cecebre, nos lindes do Concello, posto que presentan numerosos desperfectos no firme e a veciñanza está xa cansa de protestar.
Trátase dun dos puntos do municipio que sufre a desidia do Goberno Municipal por situarse nos límites, cuns accesos que teñen un deterioro no asfalto que resulta un problema, sobre todo, para quen emprega a diario as vías.
Alternativa xa solicitou en varias ocasións maior atención para as diferentes parroquias que se atopan afastadas dos núcleos máis urbanos. Nos percorridos que o grupo municipal está a realizar polas parroquias atópanse grandes diferencias, algo que Alternativa continuará denunciando ata que cheguen as melloras.