Os máis de 300.000 galegos e galegas que viven en concellos gobernados por alcaldías independentes deben estar representados nos órganos de goberno da Federación Galega de Municipios e Provincias, que celebra o 15 de novembro a súa asamblea xeral.
Os 16 postos directivos repártense entre os 10 membros do PSOE, os 4 do PP e 2 do BNG, pero deberan responder a unha lóxica menos perversa e incluir alguén que represente aos 29 concellos indpendentes dos 3 principais partidos. Así o fixo saber o rexedor de Oleiros a representantes municipais deses municipios para tomaren unha decisión conxunta algo antes da xuntanza municipalista.
García Seoane aspira a que a entrada das entidades independentes neste órgano aportaralle algo de vida, pois a Federación debe ser un ente moito máis activo en relación a moitas políticas que competen aos municipios, como a xestión das augas, o patrimonio, estradas, planeamento, etc, en especial na interlocución con instancias administrativas supralocais.