corrida

Os alcaldes da comarca saen corneados do Entroido do Concello de Oleiros

A “Compañía Municipal de Teatro”, que encabezou un ano máis o alcalde de Oleiros e presidente de Alternativa dos Veciños Ángel García Seoane, realizou unha corrida de touros chea de humor e ironía na que participaron todos os alcaldes da comarca da Coruña. Perfectamente caracterizados, os rexedores dos municipios coruñeses fixeron rir a gargalladas ás máis de 700 persoas que participaron na festa do Entroido do Concello de Oleiros.

O espectáculo comezou co tradicional paseíllo pola Comarcal, a praza que acolleu esta corrida tan cómica. O picador era José Antonio Santiso de Abegondo, como banderilleiro estaba Óscar Patiño de Cambre e os toureiros foron Carlos Calvelo de Arteixo, Xulio Ferreiro da Coruña e José Ramón Riobóo de Culleredo. A lidia non lles foi sinxela. O miura era da gandería local de Oleiros, e dada a súa forza e bravura acabou por embestir a todo canto alcalde collía por diante.

Finalmente, despois de acabar con todos, o alcalde de Oleiros saíu vitorioso do interior do touro. A continuación, Ángel García Seoane agradeceu a presenza a todas as persoas asistentes á festa e dixo que o espectáculo humorístico que acababan de representar era un aviso do que ía acontecer o vindeiro mes de maio.

Novas relacionadas