bicii

O alcalde reúnese coa conselleira para demandar a continuidade do carril bici desde Arillo ata Lourido

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, mantivo esta mañá unha reunión coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, para solicitarlle a continuación do carril bici desde o pazo de Arillo ata Lourido. Dado que o Concello de Oleiros xa realizou a construción de todas as beirarrúas entre Mera e Santa Cruz, demanda a colaboración da Xunta para esta actuación por tratarse dunha estrada de titularidade autonómica.

Para poder realizar esta obra, o Concello conseguiu gratuitamente o solo necesario grazas ás cesións realizadas polas persoas propietarias. O custo desta actuación será aproximadamente 200.000 euros.

Novas relacionadas