O alcalde diríxese ao presidente da Xunta para que os directores permitan recoller o material escolar dos colexios

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O alcalde diríxese ao presidente da Xunta para que os directores permitan recoller o material escolar dos colexios

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, dirixiuse por carta ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, para que inste aos directores dos centros de ensino público a permitir a entrega do material escolar que o alumnado ten nos colexios. O Concello pon a disposición os conserxes para realizar as entregas nun punto dos centros, sen contacto físico.

Varios pais e nais dirixíronse ao Concello para denunciar a situación que están a sufrir os seus fillos en relación á imposibilidade de recuperar os libros que teñen nas aulas do Colexio Rabadeira, e así poder estudar na casa. Estes mesmos pais indicaron que desde o colexio colgan arquivos na rede para a súa descarga, que posteriormente hai que imprimir ou fotocopiar, co conseguinte problema no caso de carecer dos medios de impresión.

“Os directores dos colexios están obrigados a atender as demandas dos pais e nais que solicitan recoller o material que teñen nas escolas, que os nenos e nenas precisan para estudar na casa. En cada colexio hai un conserxe que é persoal municipal. Teñen orde por parte do Concello de atender a aquelas persoas que necesiten o seu material. Hai directores que xa permitiron a recollida dos libros, sen ningún tipo de problema, pero noutros casos non sucede o mesmo”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!