[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O alcalde de Oleiros reunirase o luns coa conselleira ante a paralización das obras da vía Ártabra
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, reunirase o vindeiro luns coa conselleira de infraestruturas, Ethel Vázquez, ante a repentina paralización das obras de execución do tramo de conexión da vía Ártabra coa autopista. Supostamente, e de maneira extra oficial, o motivo do abandono da empresa que estaba a realizar esta obra débese a que existen problemas coas acometidas de gas polas que atravesa esta vía.
“Ao parecer, segundo nos dixo algunha persoa que estaba traballando alí, hai conflitos entre a empresa e a Xunta pola condución de gas e algunha outra cousa máis. Pero en calquera caso é un escándalo. Terán que explicarnos o motivo de que aconteza todo isto, porque unha obra desta importancia, pola que estabamos agardando desde hai tanto tempo, non pode pararse”, comentou o alcalde.
Na reunión do luns o alcalde tamén vai solicitar información sobre o convenio asinado entre o Concello e a Xunta para abordar a rotonda e beirarrúas en Arillo, entre o pazo e a rúa Lourido, que vai cara a Igrexa de Maianca. “Vou aproveitar tamén para preguntar polo convenio que temos asinado coa Xunta para facer a rotonda de Arillo e as beirarrúas ata a estrada que vai á igrexa de Maianca. O Concello entregaba o solo, grazas ás cesións realizadas polos veciños, e a Xunta financiaba a obra. Era un acordo que estaba firmado pero non vemos que a obra vaia para adiante e non imos permitir que se incumpra o convenio”, dixo Ángel García Seoane.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]