[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O alcalde de Culleredo acórdase dos afectados pola pegada sonora un mes despois da publicación no BOE
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños denuncia que un mes e seis días despois da publicación oficial no Boletín Oficial do Estado, o alcalde de Culleredo acordouse de quen ten que contratar unha asistencia técnica para defender aos veciños e veciñas do municipio afectados pola pegada sonora do aeroporto. Iso si, pídelle “comprensión e solidariedade” co Ministerio aos cidadáns que se van ver afectados nas súas propiedades.
Alternativa dos Veciños non está en contra do aeroporto, pero si que vai loitar para que todos os cidadáns poidan reclamar as indemnizacións lexítimas que lles corresponden por impedimentos para construír en terreos urbanos ou para cubrir os costes de insonorización das vivendas afectadas.
Alternativa dos Veciños ofrécese a facerlle as alegacións a todas os veciños e veciñas que o soliciten, tanto en Culleredo como en Cambre. As persoas interesadas en presentar alegacións poden dirixirse ao teléfono 981677960 ou ao correo electrónico culleredo@alternativadosvecinos.org. O prazo para presentar os recursos finaliza o 24 de decembro.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]