Miguel Ares.

Adxudicadas as obras de creación da biblioteca medioambiental no Pazo de Lóngora

Numerosos veciños e veciñas da parroquia de Dorneda dirixíronse ao Concello ante o cambio de horarios nas liñas de transporte público, que agora non contan coas frecuencias axeitadas para poder chegar cunha antelación razoable aos seus respectivos postos de traballos ás 8 da mañá. Ante esta situación, o Concello dirixiuse tanto á compañía de transportes que presta o servizo como á Dirección Xeral de Mobilidade para intentar modificar os horarios e adaptar o actual servizo ás necesidades dos cidadáns.

Polo momento a compañía de transporte xa manifestou a súa intención de adaptar outra liña para poder realizar o servizo no horario demandado. Desta maneira, o autobús entraría en Rialta ás 7:15 horas, para poder dar así resposta ás demandas da veciñanza. O Concello agarda agora que a Dirección Xeral de Mobilidade autorice este cambio para que se poida efectuar de inmediato.

Novas relacionadas