Adxudicada a redacción do proxecto para a obra de reurbanización da avenida de Santa Cristina
A Deputación da Coruña adxudicou por 12.221 euros a redacción do proxecto para as obras de reurbanización completa da avenida de Santa Cristina. Tan pronto como o proxecto estea finalizado, podería contratarse a obra para comezar a actuación.
O alcalde e deputado provincial de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, acordara co presidente da Deputación, Valentín González Formoso, a realización desta obra. Por tratarse dunha vía provincial, será a Deputación a que financie integramente esta obra.
Nesta actuación está prevista a reurbanización total da rúa principal de Santa Cristina, incluíndo a renovación de beirarrúas, pavimentación e iluminación.