[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A obra de construcción de beirarrúas na Avenida de Venezuela adxudícase por 156.673,19 euros
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Tras moito tempo de paralización nas xestións administrativas, o traballo de Alternativa dos Veciños na Deputación da Coruña saca á luz a contratación das obras de construcción de beirarrúas na Avenida de Venezuela. A obra adxudicouse o pasado 13 de febreiro na Deputación da Coruña por 156.673,19 euros á empresa Construcciones D. Ogando SL.
Coa entrada de Alternativa dos Veciños na Deputación da Coruña o Goberno provincial retomou moitos proxectos de obras en Oleiros que estaban completamente parados. Despois de catro anos de presión para que se contratase a obra de mellora da seguridade vial na Avenida de Venezuela, na Ferrala, este pasado mércores 15 de febreiro concluíu o proceso de licitación coa adxudicación da obra pola mesa de contratación provincial. A empresa adxudicataria foi Construcciones D. Ogando SL, que presentou unha oferta de 156.673,19 euros.
Esta importante actuación dotará a avenida de beirarrúas desde Oleiros ata Coruxo, mellorando as condicións de accesibilidade coa construcción dun anden peonil cun ancho de 1,5 metros que enlazará cos tramos existentes da senda. Tamén se canalizará para a futura instalación de alumeado público.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]