ADIF bloquea avances na seguridade viaria en Villa Julia

ADIF está a bloquear a redacción do proxecto de ensachamento da DP810, en Villa Julia, San Paio, ao non emitir a autorización administrativa para proxectar os traballos na contorna da vía do tren.

O goberno de Bergondo trasladou na Deputación a urxencia de axilizar o trámite ao tratarse dunha actuación prioritaria nun punto de alta siniestralidade.

A inacción de ADIF está a frear un proxecto necesario e urxente que se leva anos a reclamar. Por iso reclaman que dende a Deputación se tome cartas para incidir cun posicionamento firme no avance da autorización.

Comparte esta nova!