Actuación contra o Helichrysum petiolare no Monumento Natural de Dexo-Serantes

ff

Actuación contra o Helichrysum petiolare no Monumento Natural de Dexo-Serantes

Ante o avance incontrolable do Helichrysum petiolare no Monumento Natural da Costa de Dexo-Serantes, o Concello de Oleiros vai contratar unha empresa especializada para eliminar este especie invasora. De cor branca, resulta moi visible a simple vista nas zonas dos faros de Mera e da punta Torrella.

O forte impacto e degradación que supón esta planta neste espazo protexido require dunha actuación medioambiental que garanta a biodiversidade e o ecosistema. O investimento será de 60.187,82 euros, que se financiarán con cargo a unha subvención da Unión Europea.

Novas relacionadas