[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Acordo entre a alcaldesa da Coruña e o alcalde de Oleiros para crear unha liña de transporte marítimo todo o ano
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, acordaron esta mañá iniciar os estudos de viabilidade previos á posta en marcha dunha liña de transporte marítimo entre a cidade e as localidades de Mera e Santa Cristina. O obxectivo é poñer en marcha unha novo medio de transporte que reduza o uso do vehículo privado.
Inicialmente, o que vai facerse é contratar un estudo de viabilidade do proxecto e unha análise de impacto económico para a posta en marcha de dúas liñas marítimas regulares de pasaxe, A Coruña-Mera e A Coruña-Santa Cristina, que ofrecerían servizo todos os días do ano, sempre e cando as condicións marítimas así o permitisen. Tamén se estudará as posibilidades de Santa Cruz, pero se estima máis complexo.
Para seguir avanzando neste proxecto, o alcalde ten concertada unha reunión para este venres co Presidente da Autoridade Portuaria da Coruña Martín Fernández Prado. No encontro, Ángel García Seoane presentaralle o proxecto e solicitaralle a súa necesaria colaboración na futura posta en marcha deste servizo.
“É unha proposta realista e realizable para evitar o uso do coche. Hai unha harmonía total co Concello da Coruña polo que debemos seguir traballando para facer isto realidade o antes posible”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]