“Acción de guerrilla: crea a túa contracampaña publicitaria”
Dirixida a persoas e entidades con espírito crítico e activista, vinculadas á sensibilización ou defensa de colectivos, espazos e contextos vulnerables.
Este obradoiro é común a todos os concellos da Coruña que participen no proxecto, ofrecido por Os Laboratorios Itinerantes que desenvolve BenCuriosa. O seu obxectivo é que se poña en práctica os coñecementos e destrezas necesarios para desenvolver unha campaña en base aos criterios da contrapublicidade.
As sesións en liña serán o 4 e 25 de marzo ás 18.30 horas. Conta con 20 prazas que se asignarán por orde de inscrición antes do 12 de febreiro.