Acadada a iniciativa de Alternativa de crear unha rede de bibliotecas en Sada

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Acadada a iniciativa de Alternativa de crear unha rede de bibliotecas en Sada

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Sada aplaude a iniciativa do Concello de dotar con libros novos as bibliotecas dás casas do pobo e facilitando un contacontos a todas aquelas parroquias que se mostraron interesadas aproveitando a próxima celebración do Día do Libro e anima a que esta iniciativa sexa máis ambiciosa pensando nunha futura dotación de persoal e equipamentos para esta futura rede de bibliotecas que Sada xa precisa e onde é prioritario garantir ós nosos escolares as lecturas obrigatorias que os centros de ensino do municipio demandan. Esta iniciativa foi demandada por Alternativa dos Veciños na revista comarcal do noso grupo político do pasado mes de decembro.

Alternativa dos Veciños sempre apoiou, apoia e apoiará a cultura. Dende Alternativa dos Veciños de Sada propuxemos e demandamos que se crease unha rede de bibliotecas en Sada, para achegar a lectura a toda a cidadanía con independencia da localización do seu domicilio dentro do termo municipal. Que se aproveitaran as bibliotecas xa existentes nas casas do pobo e que se actualizasen para facelas mais atractivas ós nenos e ós nosos maiores. Desde as parroquias, as asociacións que xestionan as casas do pobo están a demandar hai moito tempo que o Concello programe actividades en todas elas.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!