O luns abren campos de fútbol, pavillóns e náuticos municipais

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O luns abren campos de fútbol, pavillóns e náuticos municipais

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A partir do próximo luns 1 de xuño as diferentes entidades que utilizan as instalacións deportivas municipais poderán comezar a adestrarse seguindo as normas ditadas polo Goberno central. O Concello, en colaboración cos diferentes clubs deportivos, elaborou un protocolo de uso dos recintos deportivos adaptado ás diferentes disciplinas deportivas para evitar riscos de contaxios.

As pistas de tenis, as pista polideportivas cubertas e descubertas e a pista de skate de Bastiagueiro –que acaba de ser reformada- xa están abertas para o seu uso por parte dos veciños e veciñas. Polo momento non poderán abrir nin os rocódromos, nin os ximnasios nos que se practica judo.

A apertura das piscinas de Perillo, Dorneda, Oleiros e A Fábrica está pendente do avance da desescalada. As previsións actuais é que estas instalacións poderían reabrir entre o 15 de xuño e o 1 de xullo.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!