unnamed

Abre o prazo de inscrición para as escolas municipais en Carral

Desde o 20 de outubro queda aberto o prazo para a inscrición nas Escolas Municipais, que este ano contará con 17 actividades, e remata o día 28 de outubro.

As actividades levaranse a cabo atendendo a un máximo protocolo de seguridade. Os grupos serán de un máximo de 9 persoas máis o monitor/a, emprego obrigatorio de máscara, procurarase manter en todo o momento a distancia de seguridade, as instalacións ventilaranse durante e despois das actividades de cada grupo, complementarase coa desinfección da estancia, non poderán acceder ao recinto ningunha persoa excepto o propio alumno/a, queda prohibido o uso dos vestiarios e dos baños (agás en caso de urxencia).

As solicitudes deberanse presentar, preferiblemente de forma telemática no correo casadacultura@carral.es ou na sede electrónica www.carral.es, aínda que tamén se poderán presentar de xeito presencial na Casa da Cultura ou no Complexo Deportivo.

Novas relacionadas