Aberto o prazo para os establecementos que queiran anotarse en “MercaNaVila”

Todos aqueles establecementos de municipios de menos de 20.000 habitantes teñen o prazo aberto ata o 20 de outubro para inscribirse no programa.

O programa da Deputación da Coruña ten como obxectivo incentivar o comercio local ofrecendo á cidadanía maior de idade descontos de ata 100 euros por persoa para mercar nos establecementos adheridos.

Por outra banda, todas as persoas interesadas en descargar o desconto de 100 euros poderán facelo tamén a partir de esa data, 20 de outubro.

Toda a información no seguinte enlace: https://mercanavila.gal/

Comparte esta nova!