A zona recreativa de Apeadeiro continúa rodeada de maleza
O pasado mes de Xullo Alternativa presentou un escrito denunciando a falta de limpeza Local Social de Apeadeiro, en Cecebre. Hoxe, catro meses máis tarde, a situación non é moito mellor.
Alternativa denuncia, de novo, o estado da área que se atopa colmada por maleza e silvas tanto no acceso ao local social, como na zona axardinada que rodea a pista deportiva e o parque.
Nun momento como este que os espazos recreativos ao aire libre gañan relevancia, o noso Goberno Municipal non está a prestar atención á importancia de manter a limpeza e coidado dos espazos municipais que a veciñanza ten para o seu desfrute.