A Xustiza obriga ao alcalde de Cambre a restituir ao arquitecto xefe do Concello

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O funcionario fora apartado do seu posto para evitar os seus informes sobre o Plan Xeral

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Cambre ten que readmitir no seu posto ao arquitecto xefe da área de urbanismo, do que fóra apartado polo alcalde para manipular o PXOM no seu beneficio.

 
Segundo parece, o arquitecto xefe non informaba os asuntos como desexaban tanto o rexedor como o seu concelleiro de urbanismo, que tamén é arquitecto. Por iso contratou un colega seu para evitar os informes en contra que puidese facer o funcionario titular, que se movía únicamente pola obxectividade no desempeño do seu labor.
 
Ao ser inxustificadamente marxinado polo alcalde do seu posto, o funcionario acudiu á Xustiza para ser restituído no seu labor, proceso que recentemente rematou coa recuperación súa da praza.
 
Como consecuencia deste proceso, os informes do Plan Xeral deberían contar coa anuencia do responsable titular do departamento e non do eventual contratado ao efecto ás ordes do concelleiro.

 
O alcalde de Cambre está enganando á veciñanza transmitindo a idea de que a aprobación inicial do documento polo Concello é xa o Plan Xeral, pero non é así, xa que ten que ser aprobado pola Xunta e agora ademáis debe ser informado pola persoa habilitada para facelo, que é o responsable xefe da área de urbanismo.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!