A Xunta ten que ser máis proactiva manexando o transporte metropolitano

O goberno autonómico debe crear unha mesa para planificar conxuntamente o servizo público de autobús

Xa vai sendo hora de que a Xunta adapte a estrutura do servizo de autobús metropolitano á realidade territorial, a través dunha mesa de traballo que inclúa non só aos concellos da área, senón tamén ao da Coruña para facer un plantexamento integral e completo do transporte público colectivo.

A actual falta de diálogo entre a Xunta (responsable do transporte público na comarca) e a cidade central (competencia do Concello da Coruña) tras consigo considerables disfuncións que se puxeron últimamente de manifesto, cando a alcaldesa da Coruña anunciou unha revisión global do transporte público municipal.

Esta situación de pasividade da Xunta non é allea aos graves problemas do transporte público en Oleiros. Nunha nota publicada recentemente, o goberno da Alternativa no Concello pide máis ambición ao goberno autonómico: “As abundantes declaracións políticas sobre o transporte público serán sempre papel mollado ante administracións que non falan, que se dan as costas, e que demostran a súa falta de ambición ao non poñer as bases da transformación real das redes de prestación do servizo á cidadanía”.

Ademáis considera que “encher a boca con palabras baleiras relacionadas co importante que é o transporte público para unha mobilidade sostible só significa que están a mentirlle á cidadanía, que non ten máis remedio que utilizar o automóbil privado para os seus desprazamentos cotiáns”.

Comparte esta nova!