A Xunta ten que destinar persoal de apoio ao Cruz do Sar, de Bergondo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

alternativa, do lado dos pais e nais que reclaman calidade para o ensino público

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños continúa a apoiar decididamente ao grupo de pais e nais con fillos no CPI Cruz do Sar de Bergondo que se atopan sen persoal para a atención especial que precisan un grupo de 30 alumnos alí escolarizados.

O presidente de Alternativa, Ángel García Seoane, recibiu esas demandas como deputado provincial, ao que se dirixiron esas familias para recabar o apoio institucional fronte á Xunta de Galicia, responsable do centro educativo e que se nega reiteradamente a satisfacer esta demanda.

A educación pública de calidade é un dereito fundamental das persoas, e esta debe ser prestada coa maior eficiencia, sen escatimar en persoal básico e en complementos educativos esenciais para garantir unha prestación do servizo igualitaria e completa, tal como demandan neste caso tanto a comunidade escolar como a docente do centro educativo.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!