A Xunta continúa fastidiando á veciñanza de Oleiros por mor dos cambios, feitos con alevosía, das liñas do norte. O que ía ser unha mellora no servizo traduciuse nun deterioro de frecuencias e calidade. Din que queren mellorar as cousas, pero non o dan feito. Todo blablabla.
O Concello volveu acusar á Xunta de Galicia de non restituir as liñas de transporte eliminadas o 22 de xuño, que afectan principalmente a Dorneda, Mera, Dexo e Lorbé. Aínda que dixo que as recuperaría, de momento a Xunta só recuperou 6 dos 30 servizos suprimidos.
Tal como aconteceu nas anteriores modificacións, non se informou á veciñanza, pero ademáis tampouco se lle comunicou ao Concello. Só actualizaron a aplicación informática que axuda nas viaxes, pero é un instrumento de difícil utilización para moitas persoas.
Os graves prexuízos que se lle están a crear a moitos cidadáns obrigan á Xunta que recuperen o servizo que eliminaron, volvendo a poñer en funcionamento todas as liñas, sen eliminar as melloras das liñas B9 e D10.
Algo que tampouco cumpriron foi a incorporación dun autobús articulado para cubrir o incremento de persoas usuarias da liña B-9 (que se estendeu ata Dexo e Lorbé) pero ata o momento ninguén o veu.