Alternativa felicita a Portos de Galicia e á Consellería do Mar pola celeridade en activar a reparación das deficiencias do muro portuario de Santa Cruz, moi deteriorado polos temporais.
Un claro contraste co que está facendo a delegación de Costas, que nin se dignou a responder á demanda municipal de poñer algún arranxo a outra parte do paseo.
Se ante a alerta municipal a Xunta actuou con celeridade, o departamento de Costas fixo oidos xordos. Como di o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, no seu perfil de Facebook, “Se teño que falar ben den quen non pensa coma min, fágoo, e aínda que estamos nas antípodas ideolóxicas, teño que felicitar ao Conselleiro do Mar pola prontitude en abordar a reparación”.
En relación a Costas, o alcalde considera que o a delegación do departamento faille un fraco favor ao PSOE e ao goberno central, pois “o paseo de Santa Cruz é deles”. Alcara o alcalde que “cando se levanta unha lousa ou hai un problema coa varanda, repoñémola nós, como sempre facemos, pero se ven un vendaval e se deteriora a estrutura, teñen que reparalo eles”.