A Xunta renuncia a mellorar o transporte metropolitano

Crear un Consorcio Metropolitano de Transporte que profesionalice e organice o servizo é unha necesidade cada vez máis acuciante

A Xunta de Galicia fixo caso omiso a todas as propostas realizadas polo Concello de Oleiros para mellorar o transporte público. Seguirá ofrecendo un servizo decadente, fóra de mercado e que non responde ás esixencias da sociedade de hoxe.

Unha campaña informativa protagonizada por un irónico paquidermo como metáfora dun sistema de transporte primitivo e superado sirve á Alternativa para poñer de manifesto a súa postura sobre o tema: “

O Concello, antes dunha recente xuntanza propagandística diante dos concellos da comarca, propuxera á xunta unha serie de retos sobre os que agardaba unha resposta, que non se produciu.

Os puntos máis importantes da demanda municipal consistían en prolongar a liña Entrexardíns-O Seixal ata a Igrexa de San Pedro, no entorno da que reside a maior parte da poboación de Nós; crear nova liña con destino Abeleiras-Xaz, en Dorneda, para dar servizo á nova veciñanza desa urbanización que cada día medra en veciñanza.

Outras demandas se referían a crear un autobus desde Perillo aos campus universitarios, a entrada en Santa Cristina do bus urbano 1-A da Coruña para facilitar o acceso a ese areal e reducir o uso do coche particular nesa zona tan saturada; mellorar as frecuencias da liña litoral que percorre as poboacións de Lorbé, Dexo, Mera, Dorneda, Santa Cruz e Perillo —a máis utilizada do muncipio— así como incrementar as frecuencias na liña que comunica Perillo, Montrove e Oleiros coa Coruña.

Como xa noutras ocasións manifestou o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, a Xunta defende máis os beneficios das empresas concesionarias e xestiona o servizo de autobuses contra os intereses veciñais, provocando unha evidente disfunción entre as demandas cidadás e a oferta do sistema, ancorado nun modelo decadente, incapaz de reducir tempos, aumentar o atractivo para as persoas que optarían voluntariamente por substituir o traslado no seu coche por un bo servizo de autobús.

Para abordar esas cuestión resulta urxente e necesario crear un Consorcio Metropolitano de Transporte, profesionalizado, áxil, cunha aposta que vaia máis aló da simple subsistencia e capaz de conseguir novos públicos, entre os concellos da Coruña, Oleiros, Culleredo, Cambre e Arteixo.

Comparte esta nova!