A Xunta prevé executar a renovación do firme da AC-161

Dende Alternativa dos Veciños impulsaronse os traballos de conservación da vía, xa dendexaneiro de 2022 cunha moción que foi aprobada por unaminidade de todos os grupos da corporación, que sumada a reiteradas demandas feitas dende o Concello, por fin se poden celebrar avances para a súa conservación.

A Xunta confirma estar a redactar o proxecto para levar a cabo a actuación desta vía autonómica que une As Angustias con Bergondo.

As actuacións que se están a proxectar dende a Xunta inclúen tamén a renovación da rede de pluviais, o saneamento na calzada dende Miodelo aos Condes, así como a reposición de beirarrúas e revisión e restitución da sinalizacións viarias necesarias.

Este proxecto chega nun momento no que a estrada autonómica precisa con urxencia traballos de renovación polo gran deterioro do firme, que está a supoñer un problema de seguridade viaria no municipio.

Comparte esta nova!