A curiosa maneira que Alfonso Rueda ten de promover a calidade de vida choca de fronte co frenazo que mantén paralizada unha importante obra pública para mellorar o abastecemento de auga a Sada, Bergondo, Oleiros e Cambre, onde é preciso mellroar a rede.
Os concellos levan 5 anos agardando a que Augas de Galicia e EMALCSA cheguen a un acordo económico para que entre estas duas entidades e os catro concellos afectados poida financiarse a construción dun novo depósito e un novo colector desde a Telva ao Polígono Industrial de Bergondo.
Ambas infraestruturas servirían para garantir un servizo en condicións a catro concellos en constante expansión demográfica, que debería frenarse ante as insuficiencias do sistema de abastecemento.