Deixar incompleta unha obra de saneamento cando se arranxa un acceso é unha especie de traición ao medio natural. Así o fixo a Xunta, que acaba de rematar os 200 m de conexión entre a Vía Ártabra e o porto de Lorbé.
Puxeron asfalto e tuberías, pero renunciaron caprichosamente a rematar o sistema de saneamento das empresas e edificios situados na zona portuaria, que están vertendo directamente ao mar.
O Concello de Oleiros xa reclamara antes de facer a obra que modificase o proxecto, xa que a maioría das empresas existentes na zona teñen caracter portuario e prestan servizo ao recinto marítimo. Deixaron colocados os tubos pero rematou a obra sen instalar un bombeo para impulsar as augas residuais á depuradora ubicada 450 metros máis arriba.
Unha vez máis o Concello reclama ao organismo autonómico Portos de Galicia, a completar a súa obriga de dotar de alcantarillado ao Porto de Lorbé construindo o bombeo necesario para que os residuos que xeneran as persoas que usan e traballan no porto non vaian directamente ao mar.