A Xunta Electoral ordena a retirada de propaganda partidista das redes sociais dos concellos da Coruña, Arteixo e Culleredo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Atendendo as denuncias presentadas por Alternativa dos Veciños, a Xunta Electoral ordenou retirar diversas publicacións en redes sociais dos concellos da Coruña, Arteixo e Culleredo, así como da alcaldesa da Coruña e do alcalde de Culleredo por vulnerar a Lei electoral. Na resolución tamén se lles ordena que se absteñen de realizar actuacións similares no futuro.

Alternativa dos Veciños defende de maneira firme o dereito á información que teñen os cidadáns, que nada ten que ver coa propaganda partidista obxecto de sanción por parte da Xunta Electoral. O uso partidista das institucións públicas por parte de PSOE e PP é unha práctica habitual en todos os municipios nos que gobernan.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!