A Xunta ignora as demandas do menor de Dorneda que naceu sen iris

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A burrocracia da Xunta deixa sen certificado de discapacidade a un veciño de Dorneda que naceu sen iris

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A Xunta de Galicia deixou caducar o certificado de discapacidade dun veciño de Dorneda, menor de idade, que naceu sen iris e que ten unha visión do 24%. Fran Amor ten unha enfermidade irreversible e crónica que non se está a recoñecer como definitiva e que se está a valorar cunha minusvalía do 58%, cando debería estar por riba do 70%. 

Fran Amor, igual que a súa nai, sofre unha enfermidade rara. Os seus casos son os dous únicos coñecidos en Galicia. Tanto Sandra Llopis como o seu fillo naceron sen iris, pero a Xunta outórgalles unha valoración distinta. No caso da nai, estando na mesma situación, os equipos de valoración da Xunta de Galicia emitiron un recoñecemento co diagnóstico real e cunha puntuación moito máis alta. Tras anos reclamando vía administrativa as súas demandas atópanse estancadas por mor da pasada folga nos xulgados.

Para a Xunta de Galicia non son suficientes os informes xenéticos achegados nos que se indican que nai e fillo padecen a mesa enfermidade, nin os numerosos informes médicos achegados por distintos especialistas. Insisten en non recoller o diagnóstico real e en non valorar as graves consecuencias que ten para a vida diaria deste menor a súa enfermidade porque non aparece nos códigos publicados nun BOE.

Estes erros, gravísimos, están a afectar e incidir moi negativamente na vida dunha familia e no desenvolvemento dun menor que, con moito esforzo e capacidade de superación segue a loitar a diario por vencer as dificultades que lle puxo a enfermidade no camiño, e poder seguir estudando e ter un futuro como calquera outro rapaz da súa idade. A burrocracia e o silencio dunha administración incapaz de recoñecer a realidade que ten diante, insensible ás consecuencias que teñen as súas decisións na vida das persoas e incongruente coas súas propias decisións ao emitir ditames distintos no seu caso e no da súa nai, fixo necesario que a familia tivese que denunciar o caso a través dos medios de comunicación.

Alternativa dos Veciños non pode actuar doutra forma que solidarizarse con esta familia nas súas reivindicacións, apoiándoa nunha demanda totalmente xusta que lles está a ocasionar graves prexuízos na súa vida e na súa situación económica.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!