A Xunta debe construir beirarrúas ou andéns nas súas estradas

As vías que teñen este tipo de servizos é porque se fixo cargo o Concello, pero cada rúa debe ir por conta da administración propietaria

Boa parte das estradas da Xunta fóron pensadas exclusivamente para os coches, coma se os lugares que atravesan non estivesen habitados por persoas. En moitos lugares veciñas e veciños están fartos de ter que sortear os coches polos cómaros ou poñerse en risco.

É o que acontece por exemplo na rúa Isaac Díaz Pardo, que comunica Os Regos con Santa Cruz, onde a Xunta se nega a facer beirarrúas ou andéns ciclopeonís para preservar a seguridade das persoas.

Moitas das estradas que dispoñen destes itinerarios públicos pensados para camiñar —e nalgúns casos tamén para ir en bici— existen porque foron realizadas polo Concello, onde a Alternativa estableceu como prioridade a seguridade viaria. Pero é a administración propietaria da vía pública a que debería promover este tipo de obras tan necesarias para a convivencia e a calidade urbana. 

Comparte esta nova!