A Xunta de Galicia, contraria ao convenio para que o bus urbano 1A chegue a Santa Cristina

Bus1A_002 (1) (1)

O goberno de Galicia quere impedir que os veciños de Oleiros disfruten dese servizo escudándose nunha débeda sen xustificar coa empresa Cal Pita

A Xunta de Galicia, un organismo que está para facilitar e fomentar o uso do transporte público, pretende impedir que o bus urbano 1-A continúe conectando con Santa Cristina. Por que? Porque pretende que o Concello de Oleiros lle pague a Cal Pita unhas facturas de 22.000 e 27.000 euros por supostas perdas de pasaxeiros nos anos 2019 e 2022 que non están debidamente xustificadas.

Isto é o que hai. É lamentable que os mesmos que falan e falan de transporte público e mobilidade actúen desta maneira, cando o acordo entre os concellos de Oleiros e A Coruña para prorrogar o actual convenio durante 4 anos é total.

Novas relacionadas