A Xunta da a razón a Alternativa de Cambre e abre expediente ao Concello polo vertedoiro nunha parcela municipal

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A Xunta da a razón a Alternativa de Cambre e abre expediente ao Concello polo vertedoiro nunha parcela municipal

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A Consellería de Medio Ambiente, a raíz das denuncias presentadas por Alternativa dos Veciños de Cambre, “acordou iniciar actuacións previas para valorar o inicio dun procedemento sancionador” por presunta infracción en materia de residuos depositados polo Concello de Cambre na finca municipal dos Campóns, en Sigrás.

Alternativa leva insistindo dende o mes de xaneiro na eliminación deste vertedoiro, tras a evasiva do goberno municipal para demostrar a legalidade tanto da instalación como dos residuos alí depositados, Alternativa dos Cambre puxo a situación en coñecemento reiteradamente da Consellería para que se realizaran as avaliacións precisas para garantir a seguridade do lugar e para a veciñanza.

“Este é un exemplo da xestión de protección medioambiental que vende o goberno do Señor Patiño, sempre baixo sospeita e ocultando datos”, afirma Raúl Varela, voceiro de Alternativa de Cambre.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!