A xestión de Alternativa permite aumentar os km de limpeza de cunetas

Un resultado que reflicte o compromiso de Alternativa cos intereses de Carral.

O grupo levou a cabo no mes de xullo a licitación do servizo de limpeza e mantemento de cunetas do Concello, adxudicado o pasado 2 de setembro á empresa Makitruks S.L.

Este ano aumentouse a partida económica destinada a este servizo, o que permitiu ampliar o número de quilómetros de actuación. Neste 2025 vaise actuar en 16,5 km en total, repartidos entre as 8 parroquias do municipio.

A limpeza de cunetas é fundamental para:

  • Garantir un correcto drenaxe das augas pluviais
  • Mellorar a seguridade viaria
  • Conservar en bo estado a rede viaria municipal

Comparte esta nova!