A xestión de Alternativa fai posible os obradoiros de memoria

Alternativa dos Veciños de Carral conseguiu unha subvención de 7.000 € para talleres de memoria en todas as parroquias.

O grupo, cando estaba no goberno municipal, xestionou todos os trámites para achegar esta subvención de 7.000 euros ao abeiro do programa FOEAC-2 da Deputación da Coruña.

Grazas a esta axuda, durante o ano 2025 poderanse realizar obradoiros de memoria en todas as parroquias do Concello de Carral, unha actividade fundamental para a estimulación cognitiva e o benestar das persoas maiores.

Comparte esta nova!