A voceira do PP de Oleiros, directora do Colexio de Santa Cruz, desaparecida nas demandas de profesorado de apoio para os colexios de Nós e Oleiros

Para o PP de Oleiros importan máis os intereses partidistas que a defensa do ensino público

A xusta reivindicación das ANPA dos colexios Rabadeira e Juana de Vega, que simplemente demandan que se cumpra a normativa da Xunta de Galicia para dotar do profesorado que lle corresponde ao alumnado con necesidades especiais, foi secundada e contou co apoio de todas as direccións dos colexios públicos de Oleiros. Todas agás a dirección do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, que ostenta a voceira do PP de Oleiros e que non apareceu pola concentración de onte.

É de lamentar que algunhas persoas que din defender á cidadanía e mesmo dirixen, como neste caso, unha escola pública, desprecen cos seus actos os servizos públicos. Para a voceira do PP de Oleiros e directora do colexio de Santa Cruz importan máis os intereses partidistas que a defensa do ensino público e da inclusión de todos os nenos e nenas de Oleiros.

Ante a despótica actitude da Consellería de Educación neste asunto, que segue sen dar resposta nin aos colexios, nin as familias, nin ao Concello de Oleiros; o Goberno municipal de Alternativa dos Veciños porá a disposicións das ANPA de forma gratuíta os autobuses que precisen para mobilizarse ata Santiago e concentrarse ante a Consellería, de non poñer de inmediato o profesorado recortado no colexios Juana de Vega e A Rabadeira.

Comparte esta nova!