A veciñanza xa pode desfrutar do Bosque Atlántico de Cerveiros

Un novo espazo de lecer e natureza para a veciñanza que nace do compromiso coa transición ecolóxica con este proxecto de recuperación ambiental e acondicionamento nunha parcela do polígono industrial.

O Bosque Atlántico de Cerveiros é a ponte entre o tecido urbano e industrial e as áreas naturais da contorna, brindando un espazo accesible que mellora o paisaxismo e a oferta de espazos naturais para a veciñanza.

As accións executadas encamiñaronse á recuperación da vexetación autóctona , eliminando especies exóticas e coa restauración ecolóxica do terreo para o beneficio da biodiversidade. Creando zonas para o lecer e a educación medioambiental con sendeiros adaptados, zonas de observación e áreas de descanso, xerando un paisaxismo de transición máis amable entre a actividade industrial e o medio natural.

Ademais da parte medioambiental Bergondo recupera un topónimo histórico, Cerveiros, que era o nome co que se coñecía esa zona antes da creación do polígono industrial.

O proxecto foi financiado cunha axuda da Xunta de Galicia de 65.803 euros e inclúese dentro da estratexia de conservación da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas.

LOCALIZACIÓN BOSQUE ATLÁNTICO DE CERVEIROS

Comparte esta nova!