A veciñanza molesta pola perda de prazas de aparcamento no Temple
As actuación da rúa Párroco Manuel Cobas está a ser criticada pola veciñanza xa que novamente nesta fase da rexeneración se diminuíron as prazas de aparcadoiro na zona.
A pesar de que un dos obxectivos destas actuacións que afectan a diversas rúas no Temple se trata da optimización de aparcadoiros, neste caso concreto, igual que noutras das fases levadas a cabo, non hai incremento de prazas.
O que si hai é unhas beirarrúas innecesariamente amplas en algunhas zonas, sen tampouco moito sentido. Deixando á luz, unha vez máis, o gusto deste goberno municipal de facer espazos para a veciñanza con cemento.
Alternativa dos Veciños, unha vez máis, considera que estas obras non están a resolver os problemas do día a día da veciñanza do Temple, que continua con problemas para aparcar, tráfico continuo e inseguridade viaria, carencia de espazos recreativos e zonas verdes, abastecemento de auga e luz pública (en zonas concretas), entre outras.