A transparencia é un pilar fundamental da democracia e que actuais partidos do Goberno Municipal de Cangas abandeiran en outros concellos, pero cando xestionan esquecen que existe.
Durante o que levamos de lexislatura a loita do Goberno actual foi sempre a de denegar o acceso a información a Alternativas dos Veciños con mil excusas e reviravoltas para que non poder levar a cabo o seu traballo dentro da corporación municipal.
Forma parte do noso traballo o presentar propostas, facer chegar as peticións da veciñanza,preparar as comisións , plenos e mesas, ter acceso as contas e orzamentos… pero de forma continuada non podemos obter esa información ou se dilata no tempo para que a teñamos posteriormente aos órganos de goberno ou simplemente non permiten debatir as nosas proposta en Pleno. A falta de transparencia por parte do Concello de Cangas xerou preocupación, levando AV a solicitar a intervención da Valedora do Pobo.
AV presentou ante a Valedora diferentes queixas no mesmo sendo e baseándose no artigo 77 da lei 7/1985, destacando que de forma reiterada no que se leva de ano a falta de acceso a información esencial é unha práctica reiterada por este goberno e dificulta o traballo a realizar na corporación actual .
A resposta positiva da Valedora do Pobo, non so en admitir a trámite todas as reclamacións existentes senón como resposta a gravídade da falta de transparencia por parte do goberno municipal do tripartito do concello de Cangas. Este xesto reforza a posición de AV subliñando a necesidade de rendición de contas e documentación por parte do goberno e que evidencia a obriga que este ten de proporcionar información aos grupos da corporación municipal en tempo e prazo .
Tendo en conta que NUNCA, pero NUNCA na historia do concello de Cangas se negou a votación e motivación de enmendas, urxencias, engádegas e todo aqueles medios para o execicio da liberdade de participación plenaria dos concelleiros.