A decisión de non asistir o grupo de goberno non foi acertada, pero non impediu que resto dos grupos políticos chegaran xunto coas asociacións ao acordo unánime de establecer cómo prioridade o pago das subvencións e os convenios.
A reunión serviu para seguir poñendo enriba da mesa, tanto por parte das entidades como dos grupos políticos, a información dispoñible.
Alternativa insistiu durante a reunión, que é necesario un cambio e actualización do procedemento administrativo das subvencións ás asociacións para brindar burocraticamente que a situación actual non se repita.
Alternativa aplaude novamente a iniciativa das entidades e compromiso acadado na reunión por parte de todos os axentes presentes. E deixa unha critica sobre a ausencia do grupo de goberno, afirmando “que Unión por Cambre levou ó Concello ao desastre, pero advirte que a alcaldesa, de non reaccionar buscando consensos, acabará afundindo o barco.”