A decisión de Alternativa dos Veciños permite que a proposta continúe aberta e activa. Compromentendose a iniciar unha nova rolda de contactos e reunións co resto dos grupos da corporación para retomar as negociacións con rigor e transparencia.
Alternativa defende que a proposta continúa plenamente fundamentada: existe unha necesidade real do servizo e amplas posibilidades de financiameto a través de diferentes Administracións. Pola contra, as alternativas apuntadas, aínda que lexítimas, parten de ideas que -polo de agora- non presentan tales avais.
“Dende Alternativa somos positivos coa decisión, porque no pleno, e mesmo á saída, comprobamos que ningún grupo quere que a Cros volva quedar esquecida nun caixón. Só por traer esta moción a debate e impulsar un consenso real sobre o futuro da Cros xa consideramos que se deu un paso importante” afirma Thais Palla, voceira do Grupo.