A solicitude do goberno cambrés para frear a Ártabra é desestimada novamente

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A solicitude do goberno cambrés para frear a Ártabra é desestimada novamente

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O tribunal Superior de Xustiza de Galiza falla unha vez máis en contra das pretensións do goberno municipal de paralizar as obras da Vía Ártabra.

Outro tribunal xa fallou o 29 de Xullo de 2019 nos mesmo sentido. Desestimando as pretensións do goberno municipal do Concello de Cambre en relación coa resolución do 23 de outubro de 2018 da Secretaría de Infraestruturas e Vivenda, polo que se aprobou definitivamente o proxecto do trazado no treito da AC 221, polígono de Cambre, en relación con ramales de enlace co polígono industrial Espírito Santo con la AP9.

É alarmante observar que con posterioridade a esta sentencia o goberno cambrés siga a insistir que a Vía Ártabra vulnera a declaración de impacto ambiental.

Alternativa dos Veciños de Cambre estima que o Goberno municipal está empregando o tema da Vía Ártabra para desviar a atención das supostas ilegalidades que se están a cometer urbanísticamente na zona do Temple e o Graxal, coas recalificacións sen amparo ningún na lei do solo de Galicia, xerando enriquecemento a algunhas promotoras.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!