A SAREB adxudica o remate das vivendas a medio facer en Carral

Unha xestión de éxito do alcalde Gestal diante do "banco malo" creado polo estado para xestionar as consecuencias da crise inmobiliaria

As máis de 240 vivendas que quedaron paralizadas e a medio construír en Carral, con motivo da crise inmobiliaria de 2008 e que ofrecían unha imaxe degradada do centro da vila están sendo adxudicadas a día de hoxe.

Son distintos promotores os que están rematando os edificios. Posteriormente os poñerán á venda a prezos que oscilan entre os 100.000 e 175.000 euros, dependendo dos metros cadrados de cada unha das vivendas.

Tras a xestión e as facilidades dadas á SAREB (o banco malo creado polo goberno a nivel do Estado) por parte do alcalde Javier Gestal, estase a invertir a situación creada tras a crise. O Concello de Carral está ben comunicado coa cidade da Coruña e os polígonos industriais.

A ocupación das mencionadas vivendas incrementará o comercio local e a vida social do municipio así como os recursos económicos do Concello.

Comparte esta nova!