A sanidade é cousa de todo o pobo de Cangas

Apoiamos poñer a disposición os terreos para infraestrutura sanitaria, pero parece que o Goberno Municipal segue nas nubes

Levamos un ano de goberno do Tripartito e con un problema para a veciñanza de Cangas de primeira orde como é o das infraestructuras sanitarias e aínda que din que están traballando na solución soamente vemos como van esquivando tratar o tema con seriedade.

De todos é sabido que desde o mes de novembro do 2023 exite unha proposta no Concello de cesión dun espazo de 11.000 m2 coa finalidade do uso de infraestructura sanitaria e a costo 0 para o Concello.

Cando Alternativa dos veciños ten coñecemento da proposta existente, comunica na Xunta de Portavoces, onde están representados todos os partidos políticos que forman parte da corporación municipal, o noso apoio a dita proposta, e deixamos en mans do goberno, que ao coñecer que ten os votos suficientes para comerzar co traballo para poder poñer a disposición da Xunta os terreos da Infraestructrura Sanitaria, realice a proposta a Pleno.

Atopámonos que tras 6 meses, neste pleno o Goberno Municipal non leva a proposta a Pleno como Proposición do Goberno ou proposición de alcaldía senón que a leva como unha moción por parte de un grupo político que forma parte do goberno, o que nos demostra que nin eles se poñen de acordo en avanzar no tema máis serio que temos enriba da mesa.

Os efectos reais é que unha moción non comeza nada e ainda sendo aprobada por unanimidade quedará nun caixon durante outros tantos anos, mentras que si se presenta como Proposta do Goberno, do Concelleiro responsable da área ou de Alcaldía sí demostra o acordo de todo o goberno en levar a cabo o procedemento, en este caso a modificación das normas subsidirias para a adquisición dos terreos necesarios para a Infraestructura Sanitaria.

Non vai ser Alternativa a que paralice a adquisición de ditos terreos, pero non vamos a seguir permitindo o engano a veciñanza de Cangas, e que membros deste goberno intenten quitar redito político, no tema sanitario cando está nas súas mans avanzar e conseguir o que a veciñanza demanda nas rúas. Alternativa apoiará unha proposta seria, clara e real que presente todo o Goberno Tripartito actual e que demostre a implicación de todos os partidos do grupo de goberno en levar a cabo dito trámite.

Polo que desde aquí e en tempo e prazo, instamos ao Goberno Municipal que realice a enmenda necesaria a súa proposta a tempo para poder tratala con seriedade na próxima Comisión Informativa e así dar pasos reais nunha tramitación que xa se presume, de por sí, longa e farragosa.

Comparte esta nova!