A Rúa Arafat ábrese en lembranza da causa palestina

A nova conexión entre O Souto e Concepción Arenal, unha aposta pola plataforma única e amplos espazos peonís

A nova rúa que comunica as rúas do Souto e Concepción Arenal ábrese o domingo 30 de marzo para homenaxear de paso a unha das persoas que máis se destacou na defensa da paz en Palestina.

Será un acto público aberto a toda a cidadanía no que está prevista a participación dun dos principais referentes da poboación palestina en España Ghaleb Jaber Ibrahim, presidente honorífico da Fundación Araguaney Puente de Culturas, entidade que ten por obxectivo o achegamento entre as culturas española e árabe.

O lendario líder palestino Yasser Arafat entrará no honorable nomenclátor que conforman os espazos públicos de Oleiros por ter sido unha das persoas que máis loitou pola paz de Oriente Próximo, ata o punto de recibir o Premio Nóbel. Arafat combateu desde moi novo a cruel inxustiza do imperialismo e a ocupación sionista da súa terra e liderou durante décadas o movemento para recoñecer Palestina como Estado.

A nova rúa obedece a un modelo máis contemporáneo, con amplos espazos peonís e plataforma única. Tamén inclue un senlleiro detalle natural que a conecta simbólicamente con Mediterráneo: duas palmeiras que pertencían a unha propiedade e formaban parte da paisaxe e que agora pasaron a adornar o espazo público.

Comparte esta nova!