Comezar Xuño con esta festa a rachar da xente de máis de 65 anos no Parque das Torres é xa unha tradición que dura 28 anos e na que normalmente se xuntan unhas 1.200 persoas.
Alí estarán ducias de persoas voluntarias axudando coa loxística de mesas, servizo e xantares para que non falte detalle nunha festa chea de boas vibracións para gozar dun día de xoldra coa animación da Banda Municipal de Oleiros, o dúo Xilo e Carlos, e Melchor e Marietta, que poñerán o trasfondo musical a esta tradicional xonrada de reencontro, convivio e bo humor.
Os cargos municipais da Alternativa dos Veciños forman parte do dispositivo de voluntariado, unindo o seu traballo ás persoas das entidades veciñais, culturais e semellantes, que se esforzan en que todo saia ben e os e as maiores só se preocupen de gozar do momento.