A reitoral de Guísamo será un novo espazo para a veciñanza

O Concello de Bergondo vén de adquirir a reitoral de Guísamo por un importe de 80.000 euros, tras un longo proceso de negociación coa Igrexa.

Oobxectivo é a transformación do inmoble nun centro social interxeracional que contaría cunha oferta de actividades para todas as idades.Servindo taménde homenaxe a José García Verdía, cura de Guísamo.

A edificación principale, de 322 metros cadrados, precisa dunha reforma integral debido ao seu estado de conservación. Por este motivo, o goberno local impulsará unha valoración técnica para definir o proxecto de rehabilitación que permita o novo uso tanto do edificio, como da parcela, de 2.549 metros cadrados.

O executivo traballará agora na captación de financiamento doutras administracións para complementar os fondos municipais e facer posible a recuperación deste espazo para o uso veciñal.

Comparte esta nova!